Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/05/2023 | Actualizada ás 10:36
Os candidatos do PP e PSOE á Alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas e Francisco Rodríguez, respectivamente, non acudiron este mércores ao debate organizado pola CRTVG con motivo das eleccións municipais do 28 de maio.
Á cita, que se retransmitiu de forma simultánea pola Radio Galega e a Televisión de Galicia, si acudiron os candidatos de Democracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome; do BNG, Luís Seara; e Cs, José Manuel Gómez.
Con todo, tras realizar unha intervención inicial e ao coñecerse a ausencia dos aspirantes do PP e do PSOE, Gonzalo Pérez Jácome decidiu levantarse e abandonar o encontro. Así as cousas, o debate continuou só coas intervencións do candidato do Bloque e do de Cidadáns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.