Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2023 | Actualizada ás 17:18
A Fundación ALAS da Coruña entregou os XIX premios Marcela e Elisa a dous centros educativos da cidade coruñesa polo seu compromiso cos dereitos da comunidade LGTBI+.
Os centros educativos galardoados son o IES Nº1 de Ribeira e o IES Rafael Dieste da Coruña. Este é o primeiro premio, que se entrega desde 2015, que a Fundación concede a iniciativas no plano educativo.
Segundo un comunicado de prensa, ALAS manifestou que o xurado valorou o compromiso continuo destes centros coa comunidade LGTBI+. Así mesmo, destacou o amplo catálogo de libros de temática LGTBI+ dispoñible nas bibliotecas de ambos os centros educativos.
Na mesma liña, a Fundación subliñou que o IES Nº1 de Riberia apostou fortemente pola formación do seu equipo docente nunha alianza entre o Concello de Ribeira, o Instituto de Mediación Educativa Ribeira e ALAS.
Ademais, expresou que este instituto leva dous cursos lectivos izando as bandeiras da comunidade LGTBI+ nas datas conmemorativas. Pola súa banda, o xurado que premiou ao IES Rafael Dieste destacou a creación e o bo funcionamento do grupo de apoio do instituto para a comunidade LGTBI+, DiverXentes, así como a aposta do equipo directivo para facer espazos máis inclusivos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.