Impulsan a marcaxe de candorcas para minimizar a interacción coas embarcacións na costa galega

O aumento da interacción destes cetáceos con embarcacións obrigan a controlar os seus movementos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/05/2023 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) anunciou que está a impulsar a marcaxe satelital de seis exemplares de candorcas para minimizar a interacción coas embarcacións que comezaron durante o verán e o outono de 2020, tanto no Estreito de Xibraltar como nas augas da costa galega.

En colaboración coa entidade Circe (Conservación, Información e Estudo sobre Cetáceos), o Ministerio compartirá a información obtida con esta marcaxe ás administracións competentes, que a difundirán para coñecemento dos navegantes para tratar de reducir o risco de interacción, evitando ou minimizando a navegación polas devanditas áreas, informou a administración nunha nota.

Dentro deste proxecto realizouse xa a marcaxe satelital dun exemplar de candorca, que fora identificado previamente como un dos exemplares que interactúan coas embarcacións. A información que proporciona esta marca satelital vai permitir, durante o período en que estea a ser operativo o dispositivo, identificar a súa localización nas últimas horas e elaborar un mapa semanal da zona aproximada na que este exemplar se estivo desprazando neste período.

Ademais, o Ministerio, a través do proxecto Life Intermares, que coordina a Fundación Biodiversidade do Miteco, e en colaboración coa entidade Circe, iniciou o verán pasado un proxecto piloto para tratar de minimizar as interaccións das candorcas con veleiros no Estreito de Xibraltar.

Estes traballos dan continuidade ao estudo científico desenvolvido a finais de 2021 pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) e o Grupo de Traballo da Orca Atlántica (GTOA) acerca dos episodios de interacción da poboación da orca con veleiros en augas de Galicia e do Estreito.

Candorca
Candorca | Fonte: MITECO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta