Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2023 | Actualizada ás 17:37
Os deportistas galegos de alto nivel poden solicitar a partir deste xoves as axudas de 2023 así como as de preparación aos xogos de París. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores o anuncio da convocatoria de axudas aos deportistas de alto nivel, Axudas DGAN 2023.
A Xunta explicou nun comunicado que, nesta edición 2023, volven optar polo modelo dunha única convocatoria que busca axudar á preparación e participación dos deportistas que buscan a súa clasificación para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024, así como ao resto de deportistas DGAN que tivesen o recoñecemento en vigor nalgún momento dos anos 2022 e 2023.
Así, o orzamento da convocatoria de 2023 será de 500.000 euros e as axudas poden solicitarse desde este xoves ata o mércores 14 de xuño. Desta forma, as 'Axudas Galicia-París 2024' terán en conta a participación e resultados en anteriores edicións aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, xunto coa acreditación federativa de formar parte dos programas de preparación olímpica ou paralímpica de París 2024 ou de estar en condicións de participar nas probas de clasificación para o Xogos, así como os resultados obtidos nos campionatos internacionais celebrados posteriormente aos Xogos de Tokio.
CONTÍAS DAS AXUDAS
O Goberno galego indicou que as axudas olímpicas e paralímpicas terán dúas contías de 6.000 euros --Axuda Galicia-París 1-- e de 4.000 euros --Axuda Galicia-París 2--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.