O DOG publica as autorizacións a Naturgy e Greenalia para construír parques eólicos na Coruña e Pontevedra

Son os parques As Encrobas, Gato, As Penizas e Xesteirón.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes as resolucións da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para parques eólicos por parte de Naturgy e Greenalia.

En concreto, o Diario Oficial de Galicia recolle a autorización relativa ao proxecto do parque eólico As Encrobas, situado nos concellos de Cerceda, Carral e Ordes, na provincia da Coruña, e promovido por Naturgy. Tamén o do parque eólico Gato, situado nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras, na provincia coruñesa, e promovido por Greenalia Wind Power.

Ademais, recóllense as resolucións relativas ao proxecto do parque eólico As Penizas, situado nos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra, e promovido por Greenalia Wind Power. O mesmo ocorre coas autorizacións relativas ao proxecto do parque eólico Xesteirón, situado nos concellos de Chandrexa de Queixa e Montederramo (Ourense), promovido tamén por Greenalia.

Parque eólico de Greenalia / Europa Press / Europa Press
Parque eólico de Greenalia / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta