Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 15:36
O festival O Son do Camiño, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de xuño en Santiago, prepárase para acoller a máis de 120.000 espectadores procedentes de 35 países no Monte do Gozo.
Este precisamente foi o escenario da presentación este martes do festival, na que participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e os directores do festival, Kin Martínez e Iván Méndez, así como o director de mercadotecnia de Estrela Galicia, Ramón Mer.
Méndez destacou que esta "é a edición máis grande que se fixo ata a data", na cal se presentan "bastantes cambios no concepto do festival". A cita conta este ano con máis de 40 artistas de "talla internacional". Desta forma, indicou que por primeira vez haberá dous escenarios principais, situados un á beira do outro, de forma que "xusto ao acabar nun escenario, empeza o seguinte".
Isto débese a que hai un "maior número de artistas principais na programación". Ademais, haberá un terceiro escenario dedicado á música electrónica. Con todo, a cita contará cunha noria, consignas para que a xente poida gardar as súas pertenzas, 'foodtrucks' e por primeira vez Estrella Galicia terá a súa propia cervecería
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.