Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2023 | Actualizada ás 10:11
Galicia rexistrou máis de 4.000 raios na xornada deste luns, unha actividade que se concentrou no interior e norte do país, segundo os datos feitos públicos por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Así, este luns rexistráronse en territorio galego un total de 4.312 raios, a maior parte concentrados á primeira hora da tarde. Esta actividade continuou, aínda que de forma menos intensa, nas seguintes horas. Segundo informou Meteogalicia, na madrugada deste martes (ata as 8,00 horas) o número de raios rexistrados foi de 82, con actividade concentrada no interior da provincia de Pontevedra.
Segundo as previsións deste organismo, este martes Galicia está nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. O ceo estará parcialmente cuberto, con chuvascos repartidos irregularmente por todo o territiorio e que irán remitindo conforme avancen as horas.
Con respecto ás temperaturas, a mínima rexistrouse en Lugo, con 12 graos. Os valores máximos oscilarán entre os 25 graos de Ourense e Pontevedra, e os 22 graos de máxima previstos na Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.