A spin off 'Diversa' recibe o premio Ricardo Bescansa polo uso de nanotecnoloxía para crear novos fármacos

Diversa comercializa un novo tipo de nanopartículas compostas a base de lípidos non tóxicos e biodegradables, que melloran a biodistribución e liberación das moléculas terapéuticas con alto potencial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2023 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega das Ciencias (RAGC) recoñeceu co premio Ricardo Bescansa o traballo da empresa 'Diversa Technologies', spin off biotecnológica do Idis e do Sergas na área de Nano-Oncoloxía e Terapéutica Traslacional.

O xurado outorgou este recoñecemento á compañía liderada pola investigadora María de la Fuente polo seu traballo con nanotecnoloxía implantada no IDIS para o desenvolvemento de novos fármacos, algúns dirixidos a pacientes oncolóxicos.

En concreto, Diversa comercializa un novo tipo de nanopartículas compostas a base de lípidos non tóxicos e biodegradables, que melloran a biodistribución e liberación das moléculas terapéuticas con alto potencial e, por tanto, óptimas para o desenvolvemento de novos fármacos.

"A biotecnoloxía e a nanotecloxía son ferramentas crave á hora de atopar novos tratamentos que melloren a vida dos pacientes", apunta María de la Fuente, que lembra que "aínda que se identifican moitas moléculas con potencial terapéutico, moitas veces non chegan á clínica porque se degradan ou non poden acceder ao seu lugar de acción".

Este galardón enmárcase dentro dos Premios á Transferencia Tecnolóxica de Galicia que organiza a RAGC en colaboración coa Axencia Galega da Innovación, destinados a recoñecer traballos de investigación de éxito empresarial.

Investigación en nanotecnoloxía
Investigación en nanotecnoloxía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta