A lingua galega na palma da man grazas a unha nova app de xogos

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentaron unha aplicación que ten como obxetivo "aprender e afianzar o léxico galego divertíndose e competindo"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/06/2023 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié presentaron o 'Ximnasio Léxico', unha aplicación de xogo e descubrimento da lingua galega para todos os públicos baseada no Dicionario da RAG que ten como obxectivo "aprender e afianzar o léxico galego divertíndose e competindo".

Así o manifestaron o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias Romeu, este xoves. A nova aplicación, dispoñible xa para Android e iOs, pretende axudar a fixar o vocabulario normativo, dándolle aos falantes "máis seguridade, naturalidade e coñecemento de maneira amena e divertida".

Freixanes destacou o compoñente "lúdico, didáctico e participativo" desta aplicación. "É un paso máis cara a unha visión da lingua galega pensando no futuro e apoiándonos nas novas tecnoloxías da comunicación", dixo deste proxecto que cualificou de "moi ambicioso" e que se irá "enriquecendo continuamente". Ademais, o presidente anunciou a celebración dunha Olimpíada Mundial das letras galegas a "finais deste ano".

O circuíto do 'Ximnasio léxico' consta de seis xogos e os participantes poderán coñecer o seu propio progreso e tamén compartir con outros usuarios sabendo quen ocupa o podio en cada momento.

O presidente da RAG e a directora da Fundación Barrié
O presidente da RAG e a directora da Fundación Barrié | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta