Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2023 | Actualizada ás 18:53
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, publicou este venres a resolución das solicitudes admitidas na convocatoria de estancias en familia nas residencias de tempo libre de Panxón, en Nigrán, e do Carballiño.
Este ano ofertáronse un total de 2.760 prazas: 1.320 no centro de Paxón e 1.440 no do Carballiño. Ademais, nesta convocatoria amplíanse as quendas ata finais de setembro para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran gozar das súas vacacións nestas residencias.
As familias admitidas gozarán de aloxamento e pensión completa na residencia concedida. Do mesmo xeito que en convocatorias anteriores, as familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista tiveron prioridade no acceso a unha destas prazas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.