Rey Varela volve á alcaldía de Ferrol e asegura que o goberno da cidade "só dependerá dos veciños"

O rexedor do PP avanza que escoitará a todos para tomar decisións: "Será a nosa regra de ouro"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2023 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia



O popular José Manuel Rey Varela foi investido no mediodía deste sábado novo alcalde de Ferrol, nunha sesión que comezou ás 12,00 horas no salón de plenos do Consistorio. Alí asegurou que "o alcalde e o goberno de Ferrol só dependerá dos ferroláns".

Incidiu ademais en que o seu proxecto "só pertence" aos veciños. "Só dependeremos de nós mesmos", insistiu. Así, lembrou os seus anos de nenez e as manifestacións do sector naval. "Son un ferrolán máis e aquí quero quedarme para defender a esta cidade", reivindicou.

No salón de plenos tamén estiveron presentes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda e o seu vicepresidente primeiro, Diego Calvo, ademais dos senadores populares Miguel Tellado, Verónica Casal e Juan Juncal.

Rey Varela convidou a todos os membros da corporación "a traballar unidos" e comprometeuse a "escoitar a todos para tomar decisións, que será a nosa regra de ouro".

Onovo rexedor do PP tamén agradeceu a todos aqueles que o apoiaron para chegar á maioría, e aos que o acompañaron na súa vida política durante todos estes anos, ademais da a súa familia, como á súa muller, a súa nai ou á súa irmá Patricia, falecida hai uns anos, ademais do seu fillo Adrián.

José Manuel Rey Varela. PP FERROL
José Manuel Rey Varela. PP FERROL | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta