Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2023 | Actualizada ás 19:23
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) presentou este luns o reporte anual correspondente ao ano 2022 onde destacou 54 solicitudes de patentes, sete marcas rexistradas e 19 rexistros de propiedade intelectual.
Segundo a directora científica do instituto, María Luz Couce, o centro é unha "incubadora de empresas biotecnológicas". Ademais, destacou que os datos presentan a creación dun total de 13 empresas deste rubro que saen do centro de investigación. "O centro sitúase como eixo da investigación sanitaria galega e biomédica de España, cun crecente nivel de cifras na captación de recursos e a produción científica", sinalou Couce.
No apartado financeiro, os datos presentados do ano pasado, supoñen unha captación de fondos que supera os 43 millóns e medio de euros, dos cales 23,5 millóns corresponden a proxectos de investigación competitivos. "O IDIS é o cuarto centro nacional en proxectos públicos competitivos activos o terceiro en número de proxectos europeos captados", subliñou a directora.
Na mesma liña, engadiu que "os fondos foron investidos en 118 proxectos nacionais, autonómicos e internaciones; e 375 contratos e servizos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.