O PSdeG acusa a Feijóo e a Rueda de "blanquear" o "negacionismo" da violencia de xénero

Luis Álvarez asegurou que os socialistas farán "todo o posible" para evitar que haxa ministros de extrema dereita no goberno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2023 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, acusou ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, e ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de "blanquear" argumentarios "negacionistas" da violencia de xénero e instoulles a volver ao consenso neste asunto.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns, o dirixente socialista anticipou que no pleno desta semana a súa formación interpelará ao Goberno galego para que de conta das súas políticas na loita contra a violencia machista xa que entende que Feijóo e Rueda "están blanqueando os peores argumentarios negacionista" despois de sufrir 68 asasinatos machistas desde o 2003 en Galicia.

Así mesmo, acusou aos populares de levantar "cunha man, teoricamente un muro contra a violencia de xénero" e coa outra pór de candidato na Illa de Arousa a un condenado pola mesma e "ratificar e validar" os discursos negacionistas da extrema dereita. Por iso, pediu aos populares que regresen aos consensos da igualdade e da loita contra a violencia de xénero.

De cara ás eleccións xerais do 23 de xullo, declarou que desde o PSdeG farán "todo o posible" para evitar que haxa ministros de extrema dereita no goberno. Para iso, adiantou que farán "unha campaña didáctica, na que se poña de manifesto os avances e o que pode suceder cando se volva a unha España máis propia dos anos 70 que da actualidade".

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, en rolda de prensa. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta