Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/06/2023 | Actualizada ás 21:25
O músico e compositor Budiño publica "Branca Vela". Este será o seu oitavo álbum no que busca “descolocar de novo” ao seu público cunha mistura entre a percusión tradicional e unha electrónica “orgánica”. A todo isto haille que sumar por unha banda, a presenza de grandes voces do panorama galego como son Guadi Galego, Leilía ou De Vacas, e por outra a colaboración para as letras de grandes persoeiros da literatura galega coma Manuel Rivas e Antía Otero.
Neste novo disco, a protagonista principal será a percusión, mediante o uso da gran variedade de elementos tradicionais que cumplen esta función e que irán fusionados cos seus característicos sons electrónicos. “Busco acadar, despois de moitos anos, que a xente nova esté bailando nos concertos. Quería facer un repertorio que incitara a bailar, pero que fora diferente, de composición propia e con letras interesantes” indica Budiño.
Pero non só a percusión será importante, a voz estará presente na meirande parte dos temas (en todos excepto no último) pero concebindoa como un instrumento máis. Ademais cabe salientar que todo este novo proxecto está producido por él mesmo, dende a gravación de percusión, o tratamento das voces ou incluso a masterización dos temas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.