A Xunta levanta as restricións de consumo de auga en Betanzos tras criticar a concello e Viaqua

Di que a empresa que xestiona a licitación da auga, Viaqua, non deu co brote.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2023 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

As analíticas realizadas o pasado luns en oito puntos, tanto nos depósitos de cabeceira como na rede de traída de augas municipal, do Concello de Betanzos determinan que os parámetros químicos e microbiolóxicos son correctos para o consumo humano, o que permitirá levantar a recomendación de restricións realizada tras detectarse a presenza de norovirus hai 29 días.

Diso informou a Xunta nun comunicado, no que explica que os resultados destas probas foron comunicados polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, á alcaldesa, María Barral.

Tras os resultados favorables obtidos, a empresa xestora, Viaqua, que nun primeiro momento asegurara que non había contaminacións, desenvolverá un plan de seguimento analítico reforzado. Así mesmo, a Consellería de Sanidade reforzará a vixilancia sanitaria do abastecemento para asegurar a calidade da auga e fará as analíticas de verificación que sexan necesarias.

O delegado manifestou a súa satisfacción pola confirmación destes resultados positivos na calidade da auga e adiantou que tanto Sanidade como Augas de Galicia seguirán realizando controis nos próximos días para confirmar esta tendencia positiva e protexer aos veciños de detectarse nova incidencia na ETAP, nos depósitos ou na rede de abastecemento municipal. Trenor sinalou que estes resultados volven corroborar a efectividade da limpeza dos depósitos e da rede, así como da hipercloración da auga.

A XUNTA DESCUBRIU O BROTE

Ademais, subliñou que foi a Xunta a que detectou o brote, a que constituíu un equipo de investigación e a que realizou as recomendacións sanitarias e puxo en marcha un plan de análise. Así, apuntou que foron os técnicos autonómicos os que identificaron o norovirus, os que mantiveron informada á alcaldesa e recomendaron os labores de limpeza e desinfección que empezaron a producir os primeiros resultados positivos na calidade da auga.

Por último, manifestou a súa confianza en que as análises dos próximos días manteñan esta tendencia positiva na calidade da auga para pechar este capítulo de contaminación da auga da traída municipal que chegou a afectar a máis de 800 veciños.

Traballadores de Viaqua
Traballadores de Viaqua | Fonte: viaqua.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta