Navantia Fene construirá 77 monopiles para o parque de eólica mariña "Báltica 2"

O contrato, que desenvolverán Navantia Seaenergies e Windar, suporá 1,5 millóns de horas de traballo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2023 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

O estaleiro de Navantia Fene construirá 77 monopiles para o parque de eólica mariña "Báltica 2" que desenvolverán e explotarán conxuntamente a multinacional danesa Orsted e o grupo enerxético polaco PGE. O contrato, asinado co consorcio Navantia Seaenergies e Windar, suporá 1,5 millóns de horas de traballo na factoría fenesa durante dous anos, a contar desde o próximo verán. As previsións do grupo naval público é que este encargo xere uns 450 empregos en Navantia, Windar e industria asociada. Os monopiles terán 110 metros de lonxitude máxima, máis de 2.000 toneladas de peso e máis de 11 metros de diámetro.

Este é o terceiro pedido (e o de maior volume) que recibe Navantia e Windar deste tipo de subestructuras, que son, explica a compañía pública, o produto máis demandado actualmente no mercado de cimentacións de eólica mariña.

Ademais, afirma que o acordo significa a "consolidación dos fabricantes españois como subministradores globais e socios de referencia para os principais desenvolvedores mundiais". Cabe lembrar que Orsted é líder mundial en eólica mariña (en 1991 levantou o primeiro parque eólico mariño do mundo) e PGE, o maior provedor de electricidade de Polonia. Para Orsted, Navantia xa está a executar en Puerto Real un proxecto de construción de pezas de transición para dous parques en Estados Unidos. O parque "Báltica 2", que se construirá na parte polaca do Mar Báltico, porase en marcha en 2027 e terá unha capacidade de xeración de 1,5 xigavatios.

Estruturas flotantes nas instalacións de Navantia Fene.. NAVANTIA
Estruturas flotantes nas instalacións de Navantia Fene.. NAVANTIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta