Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2023 | Actualizada ás 17:40
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, indicou que "están pendentes" de como avanza o convenio colectivo do sector das ambulancias coa patronal. Así o sinalou este luns a preguntas dos medios ante o cinco xornadas de folga convocadas polos sindicatos, CIG, CCOO, USO e UXT, así como unha mobilización para o próximo 12 de xullo.
Desta forma, o que buscan é reclamar melloras nas súas condicións laborais que eviten a "intensa presión" que sofren os traballadores deste servizo. En concreto, o sector irá á folga en toda Galicia os días 6, 7, 19, 20 e 21 de xullo, con mobilizacións nos centros sanitarios, e convoca unha manifestación para o próximo 12 de xullo se antes non se alcanza un acordo coa patronal.
O responsable de Sanidade explicou que este sector está contratado co 061, pero que é algo que "lles ocupa e preocúpalles", polo que "levan tempo coñecendo os detalles" dese novo convenio colectivo. "Como digo, non son traballadores nosos, pero efectivamente afecta o que ocorre nese convenio. Por tanto, estamos pendentes de como evoluciona", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.