Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2023 | Actualizada ás 19:08
A procura do patrón do barco espadero 'Cosmos' --de bandeira de Ecuador--, veciño de Porto do Son, continúa tras desaparecer de cuberta cando o barco se dirixía a porto a descargar.
Segundo explica a Europa Press o alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, "van seguir uns días máis" buscando o patrón. O propio pesqueiro mantense na zona buscando o desaparecido en lugar de ir a porto.
Así mesmo, nas últimas horas participaron no operativo unha patrulleira e medios aéreos de Ecuador.
O rexedor visitou o pasado domingo á familia do desaparecido, que mostra a súa preocupación por que se manteña a procura despois o patrón caese ao mar.
Espera que o bo tempo e as temperaturas cálidas axudan no operativo para que se continúe coa procura "ata o último momento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.