Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2023 | Actualizada ás 19:03
A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a sete anos e medio de cárcere a unha parella residente en Carballo por distribuír heroína desde o seu domicilio entre novembro de 2018 e xaneiro 2020.
A sentenza emitida pola sección cuarta da audiencia pontevedresa, difundida este mércores polo TSXG e contra a que cabe recurso de apelación, considera probado que os condenados adquiriron unha partida de heroína vendida por tres persoas que xa foron enxuicidas por tráfico de estupefacientes.
A droga atopábase na casa de Carballo onde vivían os procesados, onde foron localizados obxectos "relacionados coa actividade ilícita que desenvolvían", entre eles, sustancias estupefacientes no interior dunha bolsa de plástico que se achaba oculta baixo a terra.
Impoñen unha pena de sete anos e medio de cárcere por un delito contra a saúde pública por traficar con drogas que causan grave dano á saúde nunha cantidade de notoria importancia co agravente de reincidencia.
Ademais, tamén condena ao pago dunha multa de 3 millóns de euros e a outro ano de prisión por un delito de tenecia de arma prohibidas. Terán, así mesmo, prohibida a posesión de armas durante o próximos catro anos. A Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou as alegacións formuladas polas partes, quen solicitaron a anulación das intervencións telefónicas e os rexistros.
Os xuíces recalcan no fallo que, tras revisar as pezas separadas correspondentes aos dispositivos de captación e gravación de comunicacións orais e aos dispositivos de geolocalización, conclúen que non se vulneraron os dereitos dos condenados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.