O grupo Leilía realizará un pregón "non ao uso" con música e baile na Paza do Obradoiro

O grupo apuntou que "non queren" desvelar como vai ser o pregón e fixo un chamamento ás asociacións folclóricas de Compostela para que se acheguen ao Obradoiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2023 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

As integrantes do grupo Leilía, encargadas de dar o pregón, este xoves ás 22,00 horas, do inicio das festas do Apóstolo en Santiago, avanzaron que será un pregón "non ao uso" no que haberá música e baile na Praza do Obradoiro.

Así o fixeron este xoves cando foron recibidas pola alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, no Pazo de Raxoi. Durante as festas do Apóstolo haberá música, danza, e os tradicionais fogos artificiais das noites do 24 e do 31 de xullo.

Desta forma, o grupo apuntou que "non queren" desvelar como vai ser o pregón e fixo un chamamento ás asociacións folclóricas de Compostela para que se acheguen ao Obradoiro.

Ademais, reiteraron a "honra e orgullo" de dar o pregón da cidade para algunhas "de nacemento e para outras de adopción". Nesta liña, lembraron a "primeira actuación importante" de Leilía que foi na capital galega hai 34 anos.

Pola súa banda, o Concello sinalou que Leilía foi escollido como pregoeiras tanto "polo seu arraigamento" na cidade como por "formar parte do patrimonio musical e cultural de Compostela" e polo seu "papel como pioneiras na recollida e posta en valor" dunha tradición oral e musical baseada nas reunións que facían as mulleres para divertirse nas aldeas de Galicia.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe ao grupo Leilía
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe ao grupo Leilía | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta