Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; de Educación, Román Rodríguez; e de Mar, Alfonso Villares, asistiron este xoves ao dobre acto relixioso e cívico que cada 25 de xullo se celebra en Santiago en memoria de Rosalía de Castro.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, iniciou este xoves, coincidindo coa celebración do Día de Galicia, a viaxe institucional a Arxentina e a Uruguai para "seguir estreitando lazos coa comunidade galega do exterior".
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG expresou a "empatía" dos socialistas co autogoberno galego, e coa figura de Castelao, a quen o PSdeG-PSOE "acompañou" na frustrada tramitación do Estatuto de 1936, "que non apoiou a dereita".
  comenta   0
As propostas musicais do Concello son Seso Durán, que ofrecerá un concerto no parque de Galeras a partir das 21,00 horas, e a Praza da Quintana, que acollerá a actuación de Cimafunk a partir das 22,00 horas.
  comenta   0
Os principais eventos son a manifestación do BNG e a ofrenda do PSdeG a Castelao. O PP non prevé ningún acto mais si lanzou un comunicado con motivo do Día de Galicia.
  comenta   1
O grupo apuntou que "non queren" desvelar como vai ser o pregón e fixo un chamamento ás asociacións folclóricas de Compostela para que se acheguen ao Obradoiro.
  comenta   0
Posporá a celebración ao mes de setembro para así "afastalo do período electoral"
O representante da Consellería de Cultura destacou a "importancia de documentar a longa traxectoria dos símbolos e efemérides para divulgalas e dalas a coñecer desde a perspectiva da lingua e a cultura galega".
  comenta   0
Os 'populares' galegos celebraron este venres o acto de conmemoración do Día de Galicia.
  comenta   0
Chega o 25 e con el a celebración do Día da Patria Galega, Día Nacional de Galicia ou Día de Galicia, que coas tres denominacións son convocadas concentracións para festexaren unha data moi significativa no calendario sentimental dos galegos e galegas. Galicia enteira acudirá aos chamamentos que fan partidos políticos e sindicatos. En todos eles apelarase á galeguidade con cadanseu matiz. Mais o que nos debe preocupar é que todos os discursos que se pronunciarán teñen algo en común: a retórica da abstración, máis ou menos cargada de bombo.Galicia non pode ser unha abstración. É unha Terra que se ve, que se ole,que se apalpa… dixo Vicente Risco. O Foro E. Peinador hai ben anos que ben dirixíndose aos cúmios das organizacións convocantes para que concreten a idea de Galicia que lles queren transmitir ás súas hostes. Nese intento non tivo nunca éxito. O pedimento que se lles fixo caeu en saco roto. Débelles parecer unha nimieza ou impertinencia dirixírse aos seus seguidores instándoos a escolleren preferentemente produtos galegos no seu consumo cotiá. O razoamento de tal solicitude está debidamente xustificado: as industrias agroalimentaria precisan de consumidores que as fagan viables e non sucumban ante a voraz competencia de produtos foráneos que atopan nas grandes superficies e supermercados todas as facilidades para a comercializan dos seus produtos que se lles negan aos nosos. Hanse referir os que pronuncian os discursos conmemorativas, como é costume neles, a nosa condición de nacionalidade que sofre as políticas marxinadoras do Estado. Non seremos nós os que neguemos que así é. Pero reprochámoslles aos concelebrantes a perversa disociación das características que definen a nacionalidade. Castelao, a quen se citará en todos os actos, enumerou as características de Galicia: idioma, territorio e vida económica propia, amais dos hábitos sicolóxicos refletidos nunha comunidade de cultura. Características indisociables. Mais o certo é que cadaquén, esgazando a unidade que conforman todas, adoitan facer fincapé nun ou noutro aspecto segundo lles conveña ao seu credo político. O máis que poden facer é utilizar os catro conceptos para arrebolarllelos aos contricantes criticándolles as súas políticas. Ninguén apela á galeguización da economía, por exemplo. O Foro E.Peinador na misiva que lles enviou ás organizacións políticas e sindicais dílles que “a economía debe ser galeguizada, nomeadamente no ámbito agroalimentario. As explotación agrícolas e industrias de transformación do sector precisan do apoio dos consumidores para sobreviren e producir fixación de poboación no rural. Por idénticas circunstancias de dificultades pasa o noso idioma, que non acaba de ter a presenza que debera ter nos ámbitos sociais e económicos. Os nosos produtos e lingua galega porecisan do apoio dos consumidores para afortalaren es alianza estratéxica que define a Galicia como nacionalidade”. As organización receptoras do chamamento deberían practicar unha política pedagóxica de rente o chan, chamándolle ao pan pan e o viño viño; é dicir, “consideramos oportuno que desde as tribunas dos oradores se lles demande ao asistentes, de maneira expresa, clara e contundente, que nas compras cotiás elixan produtos etiquetados en galego. Porque deste xeito os consumidores terán a oportunidade de manifestaren un galeguismo verdadeiramente transformador”. De non mudaren o discurso, o demais é falar por falar. Hai que superar a diglosia no consumo. E un derradeiro prego, agora dirixido aos militantes máis conscientes desas formacións sindicais e políticas: demándenlles aos seus dirixentes que nas convocatorias do próximo día 25 se pronuncien sobre este asunto tan decisivo para nós coma pobo. A unidade fai a forza. Ramón Cabanillas, o noso poeta máis reivindicativo expresouno poeticamente nestes versos: “ Galicia, Nai e Señora, sempre garimosa e forte: preto e lonxe; onte, agora, mañá...na vida e na morte!
  comenta   0
Recorda que este ano é "distinto ao habitual", pero coa mirada "chea de futuro e esperanza".
  comenta   7
O Día de Galicia é o momento de corresponsabilizarnos e comprometernos publicamente co noso futuro en común, fundamentado no legado milenario dos nosos devanceiros. É, de igual xeito, o momento de poñer en valor e amosar ao resto do mundo, e a nós mesmos, os alicerces que conforman o noso ser esencial, fraternal, solidario e universal.
  comenta   0
Sinalou o papel protagonista que o Bloque atribúe á mocidade terá reflexo nun grupo parlamentario que integra a cinco dos deputados e deputadas máis novas da Cámara na próxima lexislatura.
  comenta   2
"Na Festa do Día Nacional de Galicia celebramos que Galicia é un fogar fermoso pola súa paisaxe física, pero sobre todo pola súa paisaxe humana", declarou o presidente en funcións.
  comenta   0
Nesta ocasión "non haberá o tradicional pase de revista ás tropas" no Obradoiro, e a celebración trasladarase á Igrexa do Seminario Maior, San Martiño Pinario, por mor das obras de restauración da Catedral.
  comenta   0
Coa iniciativa destes dous cupóns, que serán en total 11 millóns (5,5 millóns cada un), súmanse "dúas marcas moi empáticas: o Xacobeo e a ONCE", resaltou o titular en funcións de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.
  comenta   0
A pesar de que non se produciu aínda a inclusión deste acto na axenda oficial de Felipe VI, a súa intención de realizar este ano persoalmente a Ofrenda foi comunicada xa a estamentos eclesiásticos para iniciar os preparativos da visita.
  comenta   0
O arcebispo comprometeuse a traballar para "ter unha celebración o máis digna posible", aínda que as condicións estarán totalmente supeditadas á situación sanitaria na que se atope o territorio.
  comenta   1
A televisión e radio galega preparan unha programación especial con motivo da semana de Galicia. Haberá programación especial baseada en documentais, reportaxes, películas e retransmisións en directo desde os lugares máis destacados da capital galega, ademais dunha gala especial para o día 25 de xullo.
  comenta   2
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, convidou aos galegos que viven en territorio nacional e internacional a "celebrar con orgullo e con espírito de unidade" o Día de Galicia.
  comenta   0
Carlos Mandianes, destacou que en "estes momentos de tantas dificultades, a todos os niveis", os membros do Centro galego seguen "decididos" a traballar "xuntos para abrir novas posibilidades de progreso e benestar".
  comenta   0
A Gala do Día de Galicia, impulsada pola Federación de Asociacións Galegas na Arxentina, volveu situar na cima a cultura galega en chan arxentino colgando o cartel de "completo". Reivindica coidar o patrimonio e as institucións.
  comenta   0
Os 'Fogos do Apóstolo' volven á capital galega a noite deste 24 de xullo, cun espectáculo multimedia formado por proxeccións audiovisuais con efectos 3D, música, efectos lumínicos e fogos artificiais.
  comenta   0
Sés e Rebeliom do Inframundo encabezan o cartel do 'Festigal 2018', que se celebrará na noite do 24 ao 25 no Campus Sur.
  comenta   0
A Secretaría Xeral de Medios destina en 2018 case un millón de euros en publicidade institucional para destacar os valores destas dúas datas sinaladas para o país. Menos do 4% deses cartos van parar a medios en galego. O resto, un 96%, para as grandes familias mediaticas e os grandes xornais subvencionados de Galicia.
  comenta   5