Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2019 | Actualizada ás 20:17
A Televisión de Galicia (TVG) e a Radio Galega (RG) celebran a semana de Galicia cunha programación especial baseada en documentais, reportaxes, películas e retransmisións en directo desde os lugares máis destacados da capital galega, ademais dunha gala especial para o día 25 de xullo.
O martes 23 emitirase 'A Noite de Martín Sheen', que explorará as raíces galegas dun dos actores máois coñecidos de Hollywood; o mércores 24 retransmitirase a entrega das 'Medallas de Galicia', que concede a Xunta ás persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade.
No entanto, os protagonistas do día 24 serán os fogos artificiais, que se emitirán en directo a partir das 22,00 horas desde a Praza do Obradoiro.
Pola súa banda, o 25 de xullo, Día de Galicia, empezará coa retransmisión da Ofrenda Nacional ao Apóstolo de Santiago ás 10,00 horas. Así mesmo, pola tarde ofrecerase 'Port', o primeiro programa conxunto das televisións intercélticas así como o multipremiado documental 'Camiño Voyage'. Xusto despois emitirase 'Adiviña que vén esta tarde' desde a capital galega.
O xoves 25 pola noite a TVG ofrecerá unha gala en directo presentada por Xosé Ramón Galloso, Lucía Rodríguez, Alba Mancebo e Fran Cañotas. Contará coa presenza de artistas como Cristina Pato, Herdeiros da Crus, Luar na Lubre, Baiuca, Sabela de OT 2018 e Rosa Cedrón.
En relación a isto, a Televisión de Galicia tamén estreará a serie de catro documentais 'O Pórtico da Gloria, polos séculos dous séculos', que profunda na restauración desta obra mestra da catedral de Santiago.
A Radio Galega, pola súa banda, tamén ten preparada unha programación especial. O día 24 a radio pública sairá dos estudos de gravación para achegarse ata a Praza do Obradoiro e facer desde alí o programa 'Galicia por Diante', con contidos especiais sobre o Día do Apóstolo e a retransmisión das 'Medallas de Galicia'.
Pola súa banda, os Lumes do Apóstolo serán retransmitidos en directo a partir das 23,25 horas a noite do 24 de xullo. O propio 25 de xullo emitiranse os magazines 'Galicia por Diante' e 'A Tarde' ademais da ofrenda ao Apóstolo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.