As hipotecas caen un 36% en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2023 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

Galicia situouse como a segunda comunidade autónoma onde máis caeu a firma de hipotecas sobre vivendas en maio, baixando un 36% respecto ao mesmo mes de 2022, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

En concreto, rubricáronse un total de 946 préstamos, un 7,6% menos que en abril, cun capital total de 105 millóns de euros, un descenso do 19,1% respecto ao mes anterior e unha baixada do 39% en comparación con maio de 2022.

En total constituíronse 1.337 hipotecas en Galicia sobre leiras rústicas e urbanas, con 161 millóns de euros. Delas, 49 eran sobre leiras rústicas e o resto, urbanas. Destas últimas, en 1.229 casos o prestamista era un banco e en 59 outro tipo de entidade. Ademais, canceláronse en Galicia no mes de maio 2.200 hipotecas, das cales 1.514 pertencían a vivendas. Así mesmo, producíronse 365 cambios rexistrais.

Casa en venda no mercado das hipotecas e da vivenda
Casa en venda no mercado das hipotecas e da vivenda | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta