A VIII Xornada de Onomástica explorará o papel dos nomes de lugar e persoas na cultura popular galega

Arrincará o próximo 21 de outubro no Edificio Castelao, do Museo de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/07/2023 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A VIII Xornada de Onomástica arrincará o próximo 21 de outubro no Edificio Castelao, do Museo de Pontevedra, e explorará o papel dos nomes de lugar e persoas na cultura popular galega.

O encontro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG) organízase en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o museo pontevedrés. A edición deste ano prestará especial atención á presenza dos nomes de lugares e persoas no cancionero popular, segundo informou a RAG a través dun comunicado.

Ademais, haberá tempo para coñecer experiencias desde o mundo educativo relacionadas co tema da xornada, que concluirá cunha actuación musical de Tralo-Valo. As sesións desenvolveranse en horario de mañá e tarde.

A sesión da mañá continuará cunha contribución de Antonio Reigosa Carreiras sobre a onomástica no conto galego de tradición oral e unha mirada á relación entre a onomástica e a antropoloxía en Galicia de Elena Freire Paz.

A sesión da tarde arrincará cun relatorio de Carlos Baliñas Pérez sobre os usos sociais do 'cognomentum' (alcumes, sobrenomes, nomes familiares...) na Galicia altomedieval e seguirá cunha contribución desde o mundo da didáctica, como é costume nestas xornadas desde os seus comezos. A tarde concluirá cunha actuación musical de Tralo-Valo, con Carmen da Pontragha na voz e na percusión e Ariel Ninas na zanfona.

Os topónimos, os nomes de persoa e os nomes de santos no cancionero centrarán os tres primeiros relatorios, a cargo de Domingo Branco, Xosé Miranda Ruíz e Xosé Ramiro Cuba Rodríguez, respectivamente.

Os interesados en seguir as xornadas presencialmente deben inscribirse enviando un correo electrónico, antes do 18 de outubro, a publicacions@academia.gal co nome e apelidos, DNI e teléfono para contacto.

VIII Xornada de Onomástica Galega
VIII Xornada de Onomástica Galega | Fonte: RAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta