Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2023 | Actualizada ás 14:28
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, percorreu este sábado un tramo do Camiño Portugués pola costa acompañado de mozos galegos do exterior que participan nas actividades do programa 'Conecta co Camiño'.
Nesta iniciativa, que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, participan 50 mozos de entre 18 e 20 anos procedentes de países como Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai ou Venezuela.
O programa, destacou a Xunta, ten como finalidade facilitar o contacto coa cultura e xeografía galegas por parte da mocidade da Galicia exterior.
Así, desde o 21 e ata o 30 de xullo realizaranse diferentes tramos do Camiño de Santiago Portugués e da Costa ata Compostela, así como actividades orientadas a coñecer a historia xacobea e o patrimonio cultural vinculado á zona da contorna.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.