Por Europa Press / Redacción | LUGO | 24/07/2023 | Actualizada ás 16:11
A Xunta estuda pór en marcha diferentes vías de reestruturación e recuperación da terra agraria no municipio de Trabada.
Así o trasladou o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, nunha reunión coa rexedora, Mayra González.
Trátase dunha petición exposta polo consistorio polo que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural iniciará un traballo de investigación para estudar a posibilidade de desenvolver na zona de Vilapena un polígono agroforestal ou unha agrupación de xestión de terras.
Estas figuras están recollidas dentro da Lei de recuperación da Terra Agraria de Galicia e buscan pór en valor terras que se atopan en desuso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.