A ocupación turísticas da costa galega está por baixo da media española

As costas de Mallorca, Menorca e Málaga son os destinos con maior nivel de reservas.

Por E.P. | Vigo | 31/07/2023 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

O nivel de ocupación das vivendas turísticas na costa española para o mes de agosto situouse no 84,3%, o que supón un descenso respecto ao ano pasado, cando alcanzou o 90,9%, segundo datos de Rentalia, a plataforma vacacional de idealista, no que se analizaron os calendarios de dispoñibilidade das vivendas turísticas a menos de 15 quilómetros dunha praia española.

A costa cun maior nivel de ocupación en España é a de Mallorca, onde o 99,5% das vivendas turísticas a menos de 15 km dunha praia analizadas por Rentalia están xa reservadas para o mes de agosto.

Séguenlle outros destinos como son a costa de Menorca cun nivel de ocupación do 97,3%, a costa da provincia de Málaga co 91%, a costa de Lanzarote co 90,8% e a costa de Asturias co 90%.

Por baixo da media estatal atópase a costa de Cantabria cunha ocupación do 83,7%, seguida da costa da provincia de Cádiz co 83,5%, a costa da provincia de Pontevedra co 82,3% e a costa da provincia da Coruña co 80,3%.

Habitación dun hotel da costa
Habitación dun hotel da costa | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta