Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2023 | Actualizada ás 16:03
Efectivos de Garda Civil, Protección Civil e voluntarios buscan a un mozo de 30 anos desaparecido desde este luns no Milladoiro (Ames), despois de que saíse a dar un paseo e non regresase.
O mozo, Manuel Lens, mide 1,83, ten 30 anos e padece unha discapacidade, polo que a súa desaparición está catalogada como de persoa vulnerable. Saíu da súa casa na tarde do luns para pasear, pero non regresou, polo que a súa familia puxo unha denuncia ante a Garda Civil.
Este martes despregouse pola contorna do seu domicilio un dispositivo de procura que se estende tamén cara á zona de Brión. No momento da súa desaparición, o mozo levaba unha camiseta verde da carreira pedestre do Pino e un pantalón curto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.