Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2023 | Actualizada ás 14:02
O director xeral de Asistencia Sanitaria da Consellería de Sanidade, Jorge Aboal, manifestou que por parte da Xunta difundiranse medidas de prevención pola aparición de mosquitos tigre en Galicia, oito ata o momento, de face ao seu control.
A preguntas dos xornalistas, na súa visita á unidade de lesionados medulares do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), lembrou que as medidas a este respecto lidéraas a Dirección Xeral de Saúde Pública.
Tamén precisou que proximamente se reunirá o comité científico "que elaborará o documento coas medidas adecuadas para divulgar", dixo sobre o control e vixilancia desta especie, vector de certas enfermidades, aínda que non é o caso dos detectados en Galicia ao non estar infectados.
Sobre a campaña que se deseñará no citado comité, avanzou que se centrará "nas medidas xerais que hai", pero adecuándoas a Galicia. "Daranse a coñecer nos próximos días", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.