Seleccionados os 5 novos bolseiros de estudos artísticos que completarán os seus coñecementos en EEUU coa Bolsa Fulbright

Mateo Balboa Doldán, Noa Covelo, Viveka Goyanes de Miguel, Ventura Alejandro Pérez Suárez e Pedro González Fernández son os afortunados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2023 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A Xunta e a Comisión Fulbright seleccionaron aos cinco novos bolseiros que se trasladarán a Estados Unidos para completar os seus estudos vinculados ao campo cultural ao amparo do programa de Bolsas Fulbright. Os cinco elixidos asistiron a unha xornada de orientación en Madrid na que tamén estivo o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Manuel Vila, que lles felicitou pola súa traxectoria.

En concreto, os participantes son Mateo Balboa Doldán, que desenvolverá a súa estancia na Manhattan School of Music de Nova York tras cursar os seus estudos no Conservatorio Superior de Música da Coruña e na Universidade de Bergen; Noa Covelo, que estudou Arte Dramática na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e estará no Bartenieff Institute of Movement Studies; así como Viveka Goyanes de Miguel, licenciada en Belas Artes polas Universidades de Vigo que realizará a súa estancia no Pratt Institute de Nova York.

Así mesmo, Ventura Alejandro Pérez Suárez, doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, desprazarase á School of Visual Arts, e Pedro González Fernández, que irá a Stanford University en California tras cursar estudos no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e na Escola Superior de Música de Cataluña.

Os seleccionados para participar nesta iniciativa están vinculados, todos eles, con Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos e traxectoria profesional. En Estados Unidos realizarán estancias de formación académica, de investigación artística ou de desenvolvemento de proxectos cun sólido compoñente investigador nas áreas de artes audiovisuais, escénicas, plásticas e visuais, música e musicoloxía, museoloxía e conservación do patrimonio e xestión cultural.

Avión de Ryanair
Avión de Ryanair | Fonte: Ryanair

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta