O compositor galego Budiño presenta o seu novo disco, 'Branca Vela', o xoves en Ribadavia

Contará cun espectáculo en directo "exclusivo" que combinará "o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces do país".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/08/2023 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O compositor galego Budiño presenta este xoves o seu novo disco, 'Branca Vela', cun concerto no Auditorio do Castelo do municipio ourensán de Ribadavia.

Este é o oitavo disco do compositor galego e contará cun espectáculo en directo "exclusivo" que combinará "o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces do país". "Unha gran conxunción de música e baile, do tradicional coa vangarda", destaca.

A banda, que actuará este xoves ás 22.00 horas en Ribadavia, está formada por Budiño na voz, gaita, frautas, guitarra e electrónica; Inés Salvado, nas voces, percusión electrónica e tradicional; Andrés Bouteira, voces, acordeón e percusión tradicional; Tania Caamaño, voces e percusión tradicional; e Roberto Rama saxo soprano e percusión tradicional.

Budiño
Budiño | Fonte: Equipo de Budiño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta