Gadis pecha 2022 con case 2.000 accións para promover o deporte, a igualdade e a inclusión social

Entre as máis destacadas encóntrase O Marisquiño, a modalidade de surf adaptado do Pantín Classic ou o Trofeo Príncipe de Asturias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/08/2023 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A empresa Gadis cerrou o 2022 incluíndo máis de 750 patrocinios e colaboracións deportivas no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa, neste exercicio levou a cabo case 2.000 accións de diversa índole coa fin de promover un estilo de vida activo.

Coruña Corre, Carreira da Torre
Coruña Corre, Carreira da Torre | Fonte: Gadis

DEPORTE

En liña coa súa visión de fomentar un estilo de vida saudable a través da actividade física, Supermercados Gadis desenvolve o seu programa de patrocinios e colaboracións deportivas estendéndoo a deportes con carácter máis minoritario ou de ámbito local, como o Correndo pola Costa da Morte, que implica a 10 municipios distintos, a San Silvestre de diversas localidades, ou múltiples carreiras populares e circuítos como o Circuíto Coruña Corre ou o Corresan.

A parte, Gadis enfócase tamén en deportes acuáticos e náuticos, que inclúe o patrocinio de regatas de vela e competicións de remo, entre as que destacan a Semana ABANCA e o recoñecido Trofeo Príncipe de Asturias celebrado recentemente en Baiona. Ademais, a compañía é unha das patrocinadoras da proba ciclista O Gran Camiño e mantén o seu apoio a actividades que combinan o lecer familiar e a actividade física como o evento hípico Equiocio, celebrado en Ferrol, ou eventos de deporte urbano como O Marisquiño, en Vigo, ou o Street Games da Coruña

IGUALDADE E INCLUSIÓN SOCIAL

A empresa busca tamén invertir no eido da inclusión social e igualdade de oportunidades a través do deporte. Por iso conta cun programa de colaboracións deportivas, un ámbito no que destaca o patrocinio do Equipo Paralímpico Español, ou a súa colaboración na celebración da Pantín Classic, onde inclúen unha competición de surf adaptado que se desenvolverá dende este sábado ata o luns 28.

Ademais, apoia as actividades deportivas organizadas para apoiar causas sociais, como as distintas marchas contra o cancro que se desenvolven en numerosas cidades de Galicia, así como a Carreira alternativa pola igualdade da Coruña ou o Programa Deporte Solidario da Fundación Emalcsa, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta