A situación do Servizo de Axuda no Fogar, "inasumible" para os concellos, en especial para os máis pequenos

A Federación Galega de Municipios e Provincias reunironse cos representantes da Consellería de Política Social para reclamar a gratuidade das escolas infantís municipais e un maior financiamento para o SAF.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/08/2023 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), co seu presidente, Alberto Varela, á cabeza, reuníronse este martes en Santiago con representantes da Consellería de Política Social para urxir "unha solución" á situación económica que viven os concellos, sobre todo os "máis pequenos", polo financiamento do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) e a gratuidade de escolas infantís municipais.

"A realidade é que os concellos están afogados, as arcas municipais están afogadas e, sobre todo nos concellos máis pequenos, a situación é inasumible", dixo Alberto Varela en declaracións aos medios antes de entrar en reuniuna para tratar "a principal preocupación" que as entidades locais teñen encima da mesa.

Con respecto ao SAF, o presidente da Fegamp referiuse a un recente encontro con sindicatos e empresas no que "se expuxo claramente que, ou afrontamos o problema, ou o Servizo de Axuda non Fogar non ten futuro, polo menos en Galicia".

O prezo por hora deste servizo, dixo, "cada vez está a subir máis", cunha media de 19 euros por hora, pero alcanzando os 25. "E o financiamento que estamos a recibir os concellos da Xunta e do Estado, dos dous, que quede claro, son 12 euros por hora", dixo Varela. "Entre Xunta e Estado están a pór aproximadamente 112 millóns e os concellos estamos a pór 200 millóns para dependencia", engadiu.

Por outra banda, na reunión buscan analizar a gratuidade das escolas infantís de Galicia, en relación ao centros de titularidade municipal. En concreto, critican que a Xunta financie a gratuidade dos centros privados con "un máximo de 300 euros" e "o máximo que se lles da os concellos" para as súas prazas sexa "de 160 ou 170 euros", mentres que "o resto" sufrágano os consistorios.

"A realidade é que esta situación ten que reverterse, non é ningunha competencia que teñamos os concellos", dixo Alberto Varela, que confía en que desta reunión saia "un avance", aínda que lamentou que o encontro non sexa coa "máxima responsable" de Política Social.

Traballadoras do SAF e membros da CIG en folga
Traballadoras do SAF e membros da CIG en folga | Fonte: CIG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta