Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/08/2023 | Actualizada ás 13:23
Abre o prazo para a primeira convocatoria de axudas da Xunta a sufragar custos de desprazamento para os alumnos de formación profesional dual que realizan prácticas. Este estará aberto ata o próximo 28 de setembro.
A Administración autonómica destina un total de 803.235 euros a estas axudas ás que pode optar o alumnado que leve a cabo prácticas profesionais en empresas de Galicia, de fóra de e, mesmo, no estranxeiro. Porén existen dúas modalidades en función dos destinatarios, a primeira para os que realicen as prácticas na comunidade galega ou en calquera outra do Estado e, a segunda, para aqueles que as fagan fóra de España.
No primeiro caso, poderán recibir ata un máximo de 375 euros no caso de que quede en Galicia pero fóra do seu municipio de residencia habitual ou unha contía fixa de 200 euros para os que escollan facelo fóra da comunidade. Para os que viaxen ao estranxeiro está establecida unha contía base de entre 120 e 240 euros dependendo do país e a duración da estadía, que oscila entre de 72 a 150 euros por semana.
Esta primeira convocatoria que pechará o seu prazo de admisión o 28 de setembro está dirixida ao período comprendido entre outubro de 2022 e marzo de 2023, mentres que a partir do 16 de outubro abrirase o prazo para os que fagan prácticas entre setembro e decembro deste ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.