Santiago acollerá por dous días o 'Bioecon', congreso sobre a xestión sustentable

A XXIV Edición do Biecon' atenderá diversas áreas da xestión bioeconómica como son os recursos mariños, forestais e enerxías renovables.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2023 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A XXIV edición do congreso mundial 'Bioecon', de carácter anual e rotatorio, terá lugar por primeira vez na contorna estatal en Compostela, do 31 de agosto ao 1 de setembro.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) exercerá como anfitrona deste encontro que reúne á comunidade científica e académica experta en bioeconomía e que converterá á cidade en capital mundial do debate ao redor da xestión sustentable en múltiples áreas: recursos mariños, forestais e enerxías renovables, entre outras.

O evento, cun comité local que preside a catedrática da USC María Loureiro, reunirá a case un centenar de participantes, con persoal investigador procedente de países como Alemaña, China, España, Francia, India, Israel, Italia, Noruega, Reino Unido e Xapón, entre outros.

Baixo a lema 'Biodiversidade e Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable', este congreso a favor da xestión sustentable dos recursos nautrales e ambientais ten como obxectivo común a procura dunha conexión entre economía e uso dos recursos. Conta co apoio de Ecobas, o centro galego de investigación en sustentabilidade.

PROGRAMA

A profesora Erin Sills, da Universidade de Carolina do Norte, abrirá o programa o 31 de agosto ás 9,30 horas. O día 1, o profesor Rashid Sumaila da Universidade British Columbia impartirá ás 9,30 horas unha conferencia maxistral.

A XXIV edición da 'Bioecon' terá lugar na Hospedaría San Martin Pinario e o programa completo está dispoñible na páxina web do congreso.

Eólicos mariños
Eólicos mariños | Fonte: Ecovive.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta