Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2023 | Actualizada ás 17:28
O baño nas praias do Orzán, Matadoiro e San Amaro quedou prohibido pola aparición de medusas na auga, segundo informa a Concellaría de Seguridade Cidadá do Concello da Coruña a través de redes sociais.
En concreto, notifica a instalación da bandeira vermella e a prohibición do baño nestas tres praias e pide que se siga en todo momento as indicacións do equipo de salvamento e socorrismo.
Na xornada do martes, pecháronse pola mañá ao baño as praias de Riazor, Orzán e Matadoiro por presenza, neste caso, de carabelas portuguesas.
Finalmente, foron abertas na tarde do mesmo martes tras comprobar que non había carabelas na auga e preto da costa, aínda que se mantivo o seguimento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.