Educadores sociais critican que non haxa persoal cualificado para a figura de coordinador de benestar, asumida polo profesorado

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) denuncia que a Consellería de Educación "non investirá" na incorporación de persoal de coordinador de benestar nos centros galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) denuncia que a Consellería de Educación "non invista" na incorporación de persoal de coordinador de benestar nos centros galegos. Así o conclúe da orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 30 de agosto, que establece esta figura (creada na Lei de Protección á infancia). A solución da Xunta consiste en que sexa o profesorado existente o que asuma estas funcións.

Neste sentido, o colexio de educadores considerou esta decisión como "unha saída rápida" da consellería para "cumprir coa imposición legal", pero "non achegará solucións reais ás problemáticas reais" que se atopan nos centros educativos. Así, o colexio sinalou que lles parece "preocupante" que esta medida "non garanta ningunha formación específica" para asumir estas funcións, tendo en conta que é un posto no que a formación en intervención socioeducativa con infancia e adolescentes é "fundamental para un bo desenvolvemento das súas funcións".

A proposta do Ceesg, que foi traslada á consellería xa antes de que se iniciase a tramitación, é a "incorporación de profesionais" da educación social, evitando a sobrecarga de funcións do profesorado e asegurando, ademais, a especialización e capacitación dos profesionais como coordinadores de benestar e convivencia. Así, instou á Xunta a seguir traballando para construír alternativas que garantan unha atención especializada e integral desde o contexto escolar. Ademais, manifestou a súa man tendida para levar a cabo proxectos piloto innovadores que poidan desenvolver respostas eficaces ás problemáticas actuais nas escolas.

A CIG VALORA UN CAMBIO

Tamén se pronunciou este martes o sindicato CIG, que valorou a incorporación dunha disposición adicional única que inclúa a posibilidade de dúas sesións lectivas, ademais das complementarias fixas que xa estaban. Para a central sindical, o cambio implica unha "rectificación importante" sobre a posición de partida da consellería, pero advirte de que se incorren en "duplicidades" tamén asignado a outro profesorado como o caso de coordinar o plan de convivencia, polo que urxe que a consellería "revise" as duplicidades e dea instrucións "claras" respecto diso.

Gorras de alumnos colgadas dun percheiro o día que arrinca o curso escolar en Galicia, no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, a 8 de setembro de 2022
Gorras de alumnos colgadas dun percheiro o día que arrinca o curso escolar en Galicia, no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, a 8 de setembro de 2022 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta