Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/09/2023 | Actualizada ás 18:28
A Deputación da Coruña impulsa o programa ambiental 'Defende o mar a través do surfing', unha iniciativa que tenta transmitirlle aos escolares da provincia a importancia de coidar o medio mariño, segundo informa.
O organismo provincial, en colaboración coa entidade sen ánimo de lucro Surf and Clean, inviste no proxecto 20.000 euros a través das liñas de axudas para actividades e investimentos de Medio Ambiente.
As accións terán lugar nos centros escolares e praias, fundamentalmente das comarcas da Costa da Morte e Ferrolterra, explica. En concreto, as actividades levan a cabo nos municipios da Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Vimianzo, Zas, Camariñas, Mugardos, Miño, Valdoviño e Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.