Declaran extinguido o conato de incendio no Concello de Rubiá

Para a súa extinción, mobilizouse un axente, dúas brigadas, unha motobomba e un helicóptero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2023 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural informou de que o conato de incendio forestal rexistrado en Rubiá foi extinguido.

Segundo sinalaron nun comunicado, o lume orixinouse na parroquia de Covas e afectou ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. Deuse por extinto ás 12,14 horas deste sábado.

O conato (lume de menos dunha hectárea) iniciouse ás 9,33 horas e afectou a unha superficie de 10 metros cadrados. Para a súa extinción, mobilizouse un axente, dúas brigadas, unha motobomba e un helicóptero.

Un efectivo da Xunta nun incendio forestal
Un efectivo da Xunta nun incendio forestal | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta