Por E.P. | VIGO | 11/09/2023 | Actualizada ás 10:43
Galicia rexistrou no mes de xullo de 2023 a constitución de 273 sociedades mercantís, por un capital total de 5,88 millóns de euros, mentres que foron 77 as sociedades que se disolveron no mesmo mes.
Segundo os datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE), durante o sétimo mes do ano constituíronse na Comunidade galega 273 empresas, das que só una delas foi unha Sociedade anónima (cun capital de 60.000 euros), mentres que o resto adoptaron a figura de Sociedades limitadas.
As cifras de xullo supoñen un descenso notable con respecto ás rexistradas en xuño de 2023, cando se constituíron en Galicia 377 sociedades mercantís, cun capital de 30,67 millóns de euros. Con respecto a xullo do ano pasado, o número de sociedades foi superior (273 fronte ás 224 de xullo de 2022), pero o capital subscrito foi inferior (5,8 millóns fronte aos 6,1 millóns de hai un ano).
Con respecto á disolución de sociedades mercantís, durante o mes de xullo de 2023 disolvéronse en Galicia un total de 77. Así, 32 sociedades disolvéronse na provincia da Coruña (27 de maneira voluntaria, unha por fusión e o resto por outros motivos); na de Pontevedra disolvéronse 25 sociedades (18 foron disolucións voluntarias, 2 por fusión e o resto por outras causas); na provincia de Ourense disolvéronse 15 sociedades mercantís (14 voluntariamente e unha por outras causas); e na de Lugo disolvéronse 5 sociedades (3 disolucións voluntarias e 2 por outros motivos).
DATOS DE 2022
Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), ao longo do ano 2022 en Galicia creáronse 3.805 sociedades mercantís, cun capital subscrito de algo máis de 182 millóns de euros.
Na provincia da Coruña rexistráronse 1.575 sociedades, das que só dúas foron S.A., e o resto Sociedades limitadas, cun capital subscrito de 50,9 millóns de euros. Na provincia de Lugo constituíronse 391 sociedades, das que 388 eran S.L., ningunha S.A., e o resto adoptaron outra forma xurídica; o capital subscrito foi de 13,6 millóns.
Na provincia de Ourense constituíronse o ano pasado 363 sociedades, unha delas S.A. e o resto S.L., e o capital subscrito foi de 31,86 millóns de euros. Finalmente, na provincia de Pontevedra constituíronse 1.475 sociedades en 2022 (4 S.A. e o resto S.L.) cun capital subscrito de 85,59 millóns de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.