Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2023 | Actualizada ás 19:02
O XXI Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña recaeu no xornalista e escritor Alberto Ramos coa obra 'Conxo, non restraint". Trátase, informa o organismo provincial, dunha peza de texto documento sobre "a violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo". A obra foi premiada tras a selección do xurado, composto por autoras e autores con ampla traxectoria na creación literaria en lingua galega no campo teatral.
Da obra premiada, destacou "a concreción da denuncia baseada nun afinado proceso de investigación, a linguaxe limpa e estilizada, moi acorde co tema que aborda o texto". Alberto Ramos é xornalista e escritor e dedícase á comunicación cultural, ademais do traballo desenvolvido na Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.