Alberto Ramos (Compostela, 1986) co seu libro “A simetría das bestas” levou o XVIII premio “Risco” de Creación Literaria. Este último traballo do autor compostelán achégase á vida dunha muller da que di “sofre dúas sabotaxes da natureza”. Esta novela busca a interioridade dunha persoa que, ante todo, quere facer o posible para adaptarse a un mundo que sente coma unha selva, un lugar onde é necesario agocharse e disfrazarse para sentirse recibida e acollida fronte a indiferenza ou mesmo a agresividade do entorno e das persoas.