O xornalista Alberto Ramos gaña por segunda vez o Premio Narrativa Breve Repsol con 'Pirotecnia'

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2024 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O xornalista Alberto Ramos gañou o XVIII Premio Narrativa Breve Repsol con 'Pirotecnia', unha obra "narrada cun estilo impecable" e que constitúe "un excelente retrato da complexa sociedade galega que nos tocou vivir".

O secretario xeral de Lingua, Valentín García, participou este martes na entrega do galardón, xa que o certame conta co apoio da Xunta de Galicia, que busca "reforzar a creación literaria en galego e promover o uso social da lingua".

O representante do Goberno galego, que formou parte do xurado, felicitou ao galardoado "tanto polo premio como pola súa novela, plena e orixinal". O premio leva unha dotación económica de 12.000 euros e a publicación da obra gañadora por parte da Editorial Galaxia.

Alberto Ramos
Alberto Ramos | Fonte: Sabela Iglesias

SEGUNDA VEZ QUE RAMOS SE FAI CO PREMIO REPSOL

Con este recoñecemento, Ramos convértese por segunda vez en gañador do certame. A primeira vez foi en 2022 coa novela 'Os corpos dos Romanov'.

Alberto Ramos naceu en Santiago de Compostela en 1986 e licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela en 2009. Iniciou a súa traxectoria profesional na sección de cultura no diario Xornal de Galicia e, na actualidade, especializouse na comunicación de iniciativas culturais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta