Galaxia tras a dimisión de Francisco Castro: "agradecemos os servizos prestados"

O director xeral da editorial anunciou a súa dimisión o pasado luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2023 | Actualizada ás 21:54

Comparte esta noticia

A Editorial Galaxia informou de que, tras a reunión celebrada este venres, o seu consello de administración aceptou a dimisión como director xeral de Francisco Castro, a quen "agradece os servizos prestados ao longo destes últimos anos".

Castro fixera público este luns a súa decisión de presentar a súa dimisión. Declaraba que toma a decisión pola falta de apoio "reiterada" da editorial ao seu traballo tras as críticas vertidas polo escritor Alberto Ramos nunha entrevista concedida a Praza Pública, onde denunciaba o seu proceso persoal de edición e criticaba algúns aspectos na xestión e organización da empresa.

"Non ten sentido permanecer á fronte dunha empresa que decide moi conscientemente non defender en tempo e forma a súa imaxe ata agora impecable, o seu enorme prestixio e, sobre todo, a honorabilidade e dignidade do traballo dos demais empregados, publicamente cuestionadas", afirmaba Castro.

FERVENZA DE CRÍTICAS A FRANCISCO CASTRO

A dimisión de Francisco Castro chega tras varias semanas de polémica, concretamente en redes sociais, e despois de que o escritor Alberto Ramos, denunciase o seu proceso de edición e opinase sobre algúns aspectos da xestión da empresa cultural. Unha situación que derivou en graves cruces de acusacións nas redes sociais tal e como xa contou Galicia Cofidencial nunha ampla reportaxe.

Francisco Castro
Francisco Castro | Fonte: FRANCISCO CASTRO - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta