Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/09/2023 | Actualizada ás 19:43
Os delegados de 14 empresas integrados na Coordinadora Unitaria de Traballadores Auxiliares denuncian unha "campaña de recortes e despedimentos de persoal derivado que está a executar a dirección da fábrica de Ence Pontevedra nas últimas semanas a través das súas contratas". Nun comunicado, tamén alertan da "situación permanente de precariedade, inseguridade e sobrecarga de traballo que se agrava aínda máis do xa existente para o resto de compañeiros destas empresas auxiliares na factoría".
Deste xeito, censuran que "esta destrución de emprego e empeoramento das condicións de traballo" supón "unha falta evidente ao suposto compromiso do grupo empresarial co emprego e coa comarca onde se asenta". "Súmase aos xa normalizados recortes e falta de investimento que padecemos desde 2019 coa escusa do risco de peche da factoría e ás reiteradas situacións de vulneración da legalidade e de represión sindical denunciadas polas nosas seccións sindicais en contratas, que ademais repercutirá negativamente no xa precario estado de mantemento das instalacións e dos seus medios", agrega. Por tal motivo, os traballadores avisan de que impulsarán en próximas semanas asembleas de traballadores en todas as contratas auxiliares de Ence en Pontevedra para acordar medidas de mobilización a tomar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.