Por Galicia Confidencial | Verín | 15/09/2023 | Actualizada ás 09:00
A proba automobilística transfronteiriza conta este ano con varias novidades. O día 14 de setembro, ás 21:00 h., haberá unha saída simbólica fronte á Biblioteca Municipal de Chaves, mentres que o día 15, ás 20:50 h., haberá unha Súper Especial no centro da vila portuguesa e ao día seguinte unha City Stage a partir das 17:50.
O día 16, o Rali da Auga chegará a terras galegas, concretamente á vila de Verín, onde se disputarán a maior parte dos tramos cronometrados.
Este é o ano de inicio da internacionalización da proba, co obxectivo de atraer a máis público e pilotos ao evento. A Federación Portuguesa de Automobilismo e Karting (FPAK) e a Real Federación Española de Automovilismo (RFEDA) respaldan o proxecto e confían nunha importante presenza de público e unha ampla cobertura dos medios de comunicación.
O Campionato de Portugal de Ralis (CPR) beneficiarase da extensión a Galicia, o que augura unha competencia aínda máis rifada polas primeiras posicións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.