Galicia arrincará o 25 a vacinación contra a covid e gripe en residencias de maiores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2023 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que o próximo 25 de setembro arrincará a campaña de vacinación contra a covid e a gripe nos centros de maiores e discapacidade.

Avanzouno ao termo do Consello da Xunta, na comparecencia ante os medios na que tamén informou o impulso da Estratexia sanitaria 2020-2030, que incluirá os "retos" do futuro da sanidade en Galicia, que pasa por unha medicina "máis personalizada".

Na rolda de prensa tamén participou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que respecto da medicina personalizada precisou que se buscará máis atención domiciliaria e a distancia para controlar, por exemplo, aos pacientes crónicos.

Un enfermeiro prepara unha vacina en Ourense
Un enfermeiro prepara unha vacina en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta