Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2023 | Actualizada ás 18:03
A Xunta facilitará que os mozos descendentes de emigrantes galegos que residen no exterior teñan acceso ao Carné Xove antes de que finalice este ano. Así o explicou a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, nunha visita aos participantes no campo de voluntariado para a emigración que se celebra no municipio lucense de Castro de Rei.
García sinalou que con esta medida estes mozos que residen na Galicia do exterior contará coas mesmas vantaxes que a que vive na comunidade. Polo que poderán acceder aos descontos en establecementos turísticos, comercios, transporte, cinema, museos e librarías aos que dá dereito o Carné Xoven en todo o territorio nacional e nos 40 países europeos que están adheridos ao programa.
A vintena de participantes neste campo de voluntariado procedentes de Arxentina, Venezuela, Brasil, Cuba e Uruguai, foron os primeiro en recibilo e xa o poderán utilizar durante a súa estancia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.