Galicia ten un 17,4% de débeda do PIB, fronte ao 44,5% de Valencia ou o 35,5% de Cataluña

Tamén é a cuarta comunidade con menos débeda per cápita, con 4.447 euros por habitante.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 25/09/2023 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

O informe 'Endebedamento das Comunidades Autónomas', publicado este luns por BBVA Research, cifra a débeda per cápita de Galicia en 4.446,5 euros a peche de 2022, o que supón a cuarta menor entre autonomías.

A maior débeda per cápita rexístrase en Cataluña (10.981,7 euros). Séguenlle: Comunidade Valenciana (10.810 euros); Castela-A Mancha (7.528,3); Murcia (7.450,6); Baleares (7.529,5); Aragón (6.890,3); Cantabria (5.745,5); Castela e León (5.605,7); Madrid (5.170); A Rioxa (5.107,1); País Vasco (4.987,6); Estremadura (4.876,6); Navarra (4.796,2); Galicia (4.446,5); Andalucía (4.432,6); Asturias (4.199,4) e Canarias (2.874).

En canto á débeda respecto ao PIB é do 17,4% en Galicia, décima maior taxa entre autonomías. Comunidade Valenciana (44,5%), é a comunidade máis endebeda, seguida de Castela-A Mancha (33,7%) e Cataluña (33,5%). No outro extremo sitúase Canarias (13,1%).

Así se desprende deste informe de BBVA Research, que se publicou este luns en pleno debate sobre a débeda autonómica despois de que partidos independentistas cataláns expuxesen unha condonación como condición para investir ao candidato socialista, Pedro Sánchez.

Neste contexto, BBVA Research deu a coñecer que Cataluña é a comunidade cunha maior débeda per cápita ao peche do ano pasado e a terceira rexión cunha maior débeda respecto ao PIB.

Situación da débeda pública
Situación da débeda pública | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Xa que logo, o correcto sería dicir que Galicia e unha das comunidades menos endevedada