Temas: DVICIO

Petiscos innovadores, foráneos e tradicionais a concurso no Cume Tapas de Monforte

Xa está en marcha un dos concursos gastronómicos con máis sona e tradición no país. Do 15 ao 31 de maio estase a celebrar sétima edición do Concurso de Tapas de Monforte de Lemos, o popularmente coñecido Cume Tapas.

Por GC Tendencias | Monforte | 20/05/2015 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

As normas son as habituais neste tipo de eventos. No Cume Tapas desta volta participan 30 establecementos hostaleiros, que concursan ofrecendo as súas creacións culinarias máis atractivas e innovadoras. Así, por exemplo, pódense desgustar delicatteseen elaboradas con produtos do país  coma unha “alforxa de faceira de tenreira sobre gelée de mazá con caramelo de piquillo e balsámico de mencía”  e outras inpiradas noutras tradicións culinarias foráneas como un “Tataki de atún vermello, pisto de verduras e compota de mazá verde e xenxibre”.

Un dos petiscos a concurso no Cume Tapas 2015 de Monforte
Un dos petiscos a concurso no Cume Tapas 2015 de Monforte

Son os clientes os que votan a tapa gañadora do certame, despois de saboreala nos locais a un prezo especial -só 1,5 euros por estas creacións culinarias- no horario de desgustación, que é como mínimo de 12.30 a 14.00 horas e de 19.30 a 22.00 horas.

Ademais do premio do público, un xurado profesional outorgará distincións ás mellores tapas en distintas categorías.

No evento colaboran, ademais de negocios de Monfote, establecementos de  Chantada, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober coa aplicación de tarifas especiais durante os días do concurso.

A madriña  é a popular actriz galega María Vázquez –coñecida polas súas interpretacións en series da TVG como Padre Casares e películas como 18 comidas, O ano da carracha ou Matahari. Vázquez presentou o concurso nun evento o pasado xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra,  onde estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e o presidente da Apehl, Cheché Real.

Presentación do Cume Tapas 2015
Presentación do Cume Tapas 2015

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta